Mostrando entradas con la etiqueta accións reinvindicativas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta accións reinvindicativas. Mostrar todas las entradas

4 ago 2009

Un traballo didáctico pon en valor a parroquia de Saxamonde


POR SAXAMONDE. POSIBILIDADES DUNHA SAÍDA DIDÁCTICA
Ao longo dos últimos meses, a Asemblea Veciñal contra o Polígono Industrial Mos-Redondela ten diversificado as súas accións en contra do proxecto de zona industrial : as alegacións iniciais, atendendo aos prazos e formas ditados pola administración, as protestas na rúa en forma de manifestacións e concentracións nos plenos, o envío masivo de cartas aos responsábeis políticos, as reunións con eses mesmos responsábeis ou as charlas informativas realizadas en todas as parroquias directamente afectadas, son unha mostra do amplo abano de recursos de protesta despregado polo colectivo. As capacidades, vontades e recursos utilizados exceden calquera previsión inicial. A certeza de contar con sólidos argumentos a diversificar a diversificar a loita e ampliar as frontes nas que situar a problemática.
Así, o pasado 26 de Maio, na Casa Cultural do Chan das Pipas, en Saxamonde, o colectivo presentou: "Por Saxamonde. Posibilidades dunha saída didáctica", unha nova acción que pretende permanecer no tempo e contribuír ao seu obxectivo mediante a valorización social do entorno que se pretende destruír coa construción do Polígono Industrial. O volume "Por Saxamonde..." é un traballo dirixido, principalmente, a Centros Escolares que amosa diferentes aspectos da Parroquia de Saxamonde. Realizada desde a rigorosidade de profesionais do ensino e diferentes especialistas,a proposta está dividida en oito capítulos, correspondentes a materias escolares (Historia, Xeografía, Ed. Física, Ciencias Naturais, Tecnoloxía, Ed. para a Cidadanía e Plástica).
Cada un dos capítulos está divido en dúas partes. A primeira dedicada á exposición dos contidos teóricos sempre en relación coa contorna da parroquia e, a segunda, con propostas de actividades para traballar tanto na aula como no campo. Todos os capítulos incorporan un apartado de glosario para facilitar a comprensión dos seus contidos. Xunto coas materias, ofrécese a posibilidade de percorrer catro rutas con destino ao lugar do Chan das Pipas, en Saxamonde. Cada ruta está acompañada dunha guía cos elementos máis salientábeis a observar e traballar co alumnado. O traballo presentado é unha iniciativa inédita na comarca e supón unha mostra máis da necesidade de coñecer o noso entorno en profundidade como paso necesario para a súa valorización e a reflexión sobre o seu futuro. Tal e como escriben os autores, “Con esta publicación pretendemos axudar á comunidade escolar e ao conxunto da poboación a coñecer a realidade de Saxamonde e a súa contorna con maior detalle. Consideramos que toda decisión sobre proxectos das dimensións e consecuencias do Polígono Industrial Mos-Redondela ten que estar acompañada do coñecemento do lugar que se pretende ocupar. Esta é unha ferramenta que nos permite elaborar criterios, coñecermos e valorarmos o entorno de Saxamonde, primeiro paso para construírmos un futuro de benestar.”
(premendo na foto terás acceso ao traballo)
A frase de hoxe:
"A desvalorización do mundo humán crece en razón directa da valorización do mundo das cousas" (Marx, Karl)


20 jul 2009

MAIO "O CONO FOLLONERO"


Coma xa dixemos, durante días preparamos o necesario para a nosa participación nos Maios. Houbo Brigada Fiúncho, Brigada Pampullo, Brigada Laranxa,... Estas trouxeron o material preciso para a elaboración do Maio. Optamos por un Maio tradicional, coa forma de cono, e na coroa puxemos o logo do Poligonón en frores.
Os artistas da Parroquia puxeronse a elabourar as coplas, e os rapaces a ensaiar para cantalas na Vila.
Estes fixeronno tan ben, que o noso maio acadou unha manchea de premios:
4ºPremio de Interpretación
3º Premio as Coplas
2º Premio ao Maio Tradicional

E así, mentres unha parte dos veciños camiñaba a esas horas cara Santiago, outra parte ocupábase do Maio e a nosa participación no Concurso.
Na marxe dereita da páxina podedes acceder as fotos de todo o proceso do Maio.

Este maio aquí presente

da aldea de Saxamonde

simboliza a nosa loita

pola defensa do monte

Miren este cono

e a forma da coroa

Saxamonde teno claro

o monte é a nosa honra

...



10 jul 2009

O día 1 de Maio partimos cara Santiago


Esta fin de semana do 1 de maio fixemos varias actividades; tivemonos que repartir, e logo de pasares algunha noite sen durmir, alguns de nós foron aos maios , con uns bós resultados que contaremos, e outros comezaron unha peregrinación ata a mesma capital do País. Reproducimos a nova tal e coma saiu no Faro de Vigo da nosa peregrinación a Santiago, onde tentamos entregar unha carta ao novo Conselleiro. Diante da imposibilidade de facelo en man, enviouse por correo ordinario desde a mesma Capital de Galicia.

Un colectivo peregrina a Santiago para expresar su rechazo al polígono industrial



Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

ANTONIO PINACHO - REDONDELA Un grupo de vecinos de la parroquia redondelana de Saxamonde inició el viernes una peregrinación a Santiago para expresar su rechazo al Polígono Industrial Mos-Redondela. Los ciudadanos, cuya llegada a la capital gallega está prevista para hoy al mediodía, no esperan el apoyo divino del apóstol a sus reivindicaciones, pero al menos pretenden llamar la atención de la Administración gallega sobre este polémico proyecto.
Con esta acción, el colectivo vecinal quiere mostrar los perjuicios que supondría la construcción del parque empresarial en el lugar proyectado, así como invitar a los responsables del nuevo gobierno de la Xunta a que visiten la zona de Chan das Pipas en la que se pretende ubicar. En este sentido, la Asemblea Veciñal contra o Polígono ya se puso en contacto con el gabinete del presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, y del conselleiro Agustín Hernández, nuevo responsable en materia de ordenación territorial. La imposibilidad de reunirse con el responsable un domingo, no impidió que los gabinetes mostraran su interés en conocer el problema de primera mano. En este sentido, desde el colectivo realizarán la entrega simbólica de una carta dirigida al nuevo gobierno donde se exponen los argumentos por los que se oponen al proyecto, así como una invitación para visitar la zona.
En la misiva se adelantan varios de los argumentos que desaconsejan la ejecución del proyecto, entre los que destacan el informe desfavorable emitido por el departamento de Patrimonio de la Consellería de Cultura, y los apoyos recibidos por parte de diferentes organizaciones.
El grupo de peregrinos viste con unas camisetas reivindicativas y además dejan material informativo en los albergues sobre el proyecto del polígono y sus efectos sobre el propio Camino Portugués.

4 mar 2009

A COMPARSA “OS 4 FOLLONEROS” REIVINDICA CON ALEGRÍA














A Asemblea Contra o Polígono Mos- Redondela valora moi positivamente a participación do colectivo no desfile do Entroido de Redondela.

Hai xa ben catro meses que se constituíu a Asemblea Contra o Polígono Mos-Redondela que se vén reunindo todos os venres no Centro Cultural do Chan das Pipas. Neste tempo, as reunións con altos cargos da Xunta, manifestacións, envio multidinario de cartas, presentación de alegacións ou xuntanzas informativas por diferentes parroquias da bisbarra teñen sido as accións definitorias do movemento. Un traballo levado a cabo por unha maioría social da parroquia de Saxamonde e as parroquias afectadas directamente que se manifesta contraria á construción do devandito Polígono. Chegado o Entroido, mudáronse as alegacións pola representación mascarada do que pode aconter coa construción do Polígono.

A Asemblea contra o Polígono constituíu unha comparsa que participou no concurso do domingo pasado. Como nome, escolleuse a célebre frase do señor alcalde na que nos definía como "catro folloneros". Demostrando unha vez máis que somos máis que catro, unhas 70 persoas parodiaron a construción do Polígono. Un bosque de piñeiros, carballos e castiñeiros figuraba como o monte do Chan das Pipas. Acompañando, paxariños, bolboretas, peregrinos, coellos, vellos, futbolistas e demais habitantes do Chan das Pipas. No outro lado, representando ao Polígono, un enorme paxaro negro con cresta de fume acompañado de varias persoas vestidas de negro que tapaban ao bosque cunha saba da mesma cor.

A comparsa "Os 4 folloneros" percorreu as rúas de Redondela ante a mirada atenta de miles de persoas que tiveron a oportunidade de escoitar os cánticos compostos para a ocasión.

"Según dice o alcalde

somos catro folloneros

estamos moi orgullosos

de loitar polo que temos

Temos un monte precioso

que queremos conservar

para disfrute das persoas

non o parque industrial"

A Asemblea Contra o Polígono Mos-Redondela, en reunión, valorou moi positivamente a participación no desfile do domingo de Entroido. As mostras de apoio dos espectadores foron múltiples. Con esta acción queremos demostrar que a diversión non está reñida coa reivindicación e que os catro folloneros estaban no balcón do concello e non na comparsa.

Ao final, "Os catro folloneros" quedamos ás portas dos premios. Con todo, o maior premio foi o propio paseo polas principais rúas da vila. Agardemos que o ano que vén poidamos elixir unha temática diferente.

A frase de hoxe:
A vocación do político de carreira é facer de cada solución un problema.
Woody Allen (1935-?) Actor, director e escritor estadounidense.

1 feb 2009

MEMBROS DA ASEMBLEA CONTRA O POLÍGONO FAN ENTREGA DE CARTA A CONSELLEIRA


Membros da Asemblea contra o Polígono de Chan das Pipas, asistiron onte 31 de xaneiro ao Centro Cultural de Porriño, onde a Conselleira de Vivenda, Dna. Teresa Táboas ía ofrecer un mitin de precampaña. Na entrada ó acto fixeronlle entrega dunha carta onde se solicitaba a Conselleira unha entrevista con unha delegación da citada Asemblea. A entrevista plantexase no mesmo Chan das Pipas, para ver sobre o terreo o lugar onde o seu departamento quere "colocar" un Polígono Industrial, pois xulgamos que mirado o lugar, ninguén pode pensar nunha actuación de esas características nun medio natural coma o existente no noso monte. Na mesma carta, se propón que no caso que á Conselleira non lle fose posible a asistencia a zona, solicitámoslle reciba a delegación da Asemblea no lugar e hora que estime oportuno.
A receptividade da Conselleira , en principio, foi boa, respostando que non habería problema algún en nos recibir, e que agardaba houbera unha solución que satisfacera a todas as partes.
A Asemblea vai facer entrega no rexistro da Consellería de Vivenda, de unha copia da carta , para solicitar de xeito "formal" a devandita entrevista ca Conselleira.

(A foto é da Asemblea celebrada en Vilar).

A frase de hoxe:

"Os políticos son sempre o mesmo. Prometen construir unha ponte aínda que non haxa río."

Nikita Jruschov (1894-1971) Político ruso.


21 ene 2009


A Asemblea Contra o Polígono Mos - Redondela informa aos veciños das parroquias Vilar e Louredo, afectados polo polígono:

Un grupo de membros da Asemblea Contra o Polígono desprazouse a ditas parroquias o sábado 17 pola tarde e o domingo 18 pola mañá para explicarlles aos seus veciños polo miúdo as consecuencias do proxecto de Polígono Industrial. O proxecto en cuestión nace como Plano Sectorial transformándoo nun proxecto de ámbito supra municipal o que serve de coartada para que os respectivos Concellos aleguen falta de competencia no asunto e non informen ao tempo que alonxa aos veciños dos órganos de decisión.

Nas asembleas informativas, presenciadas por medio centenar de veciños das respectivas parroquias ficou claro o descoñecemento que os mesmos teñen do proxecto e das súas consecuencias. No caso de Vilar, ignoraban a localización dun depósito de auga de 3.000 m3 no lugar da Fonte da Lata, ao pé da pista do aeroporto, que abastecerá ao polígono e cuxa condución terá que atravesar a parroquia. Neste sentido, as asembleas serviron para mostrar os efectos da hipotética construción do polígono industrial na zona prevista. Do mesmo xeito, coas numerosas vivendas que circundan a zona afectada fixo constatar o errado do argumento de situar este tipo de infraestrutura na zona e a necesidade de implantar as conseguintes actividades molestas, insalubres, nocivas ou perigosas en lugares alonxados dos núcleos residenciais. As poboadas parroquias de Vilar, Louredo e Saxamonde contradín tal suposto, contido na base do proxecto debatido, e demostran o descoñecemento de Xestur da zona elixida..

Despois da experiencia de Vilar e Louredo, a Asemblea Contra o Polígono Mos-Redondela continúa a súa labor informativa na parroquia de Guizán, no veciño concello de Mos. Así, o vindeiro
día 25 ás 11:30h no Centro Recreativo de Guizán (Plantel) convocan outra asemblea informativa.
Do mesmo xeito, cada venres ás 20:30 seguimos a reunirnos na Casa Cultural do Chan das Pipas onde se debate e deciden as próximas accións.



A frase de hoxe:

A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e aplicar logo os remedios equivocados. (o gran Groucho Marx)

21 dic 2008

Manifestación 19 de Decembro 2008

4, 500, 2000,............. FOLLONEIROS?

Manifestación conxunta:

"Pola defensa do territorio e da nosa calidade de vida" .

Ampliar Nova:
Enlace Faro de Vigo:http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008122000_3_282874__COMARCAS-Colectivos-afectados-obras-publicas-colapsan-accesos-Redondela

15 dic 2008

MANIFESTACION EN REDONDELA


O VINDEIRO 19 DE DECEMBRO, ÁS 20:30 HORAS HABERÁ UNHA MANIFESTACIÓN EN REDONDELA, ORGANIZADA POR 23 COLECTIVOS CONTRA A INCAPACIDADE DE XESTIÓN E DEFENSA DOS REDONDELANS POR PARTE DO CONCELLO.
FARTOS DE SEREN ALDRAXADOS E MALTRATADOS POR TODO TIPO DE INFRAESTRUTURAS QUE NOS TIRAN ENRIBA: AVE, POLIGONO, CANTEIRA, AUTOVÍAS,... E QUE AÍNDA POR RIBA NOS SUBAN OS IMPOSTOS UN 5%; NON PODEMOS QUE MENOS QUE SAÍR A RÚA E DENUNCIAR A INUTILIDADE DOS NOSOS GOBERNANTES. NON NOS REPRESENTAN, SÓLO VIVEN DE NÓS COMA PARÁSITOS.

¡¡¡O DÍA 19 TODA REDONDELA A RÚA!!!

AS 20:30 NA DEPURADORA DE REDONDELA.

30 nov 2008

QUENTANDO MOTORES



Hoxe , as 12:00 da mañá estivemos alguns na manifestación contra o Plano Vigo Integra. Fixo frío, choveu, mesmo caiu sarabia, e nembargantes amosamos a nosa oposición a un plan que desfai os Concellos que están a carón de Vigo.
Seguiremos defendendo na rúa o que os incompetentes plantexan nos despachos.

Vémonos na rúa

POLIGONO NON!!!
(Clica na foto e verás outras imaxes da manifestación)

27 nov 2008

SEGUIMOS NA BRECHA !!!



Onte a noite, cando a maioría das familias estaban ben quentiñas nas súas casas, nos, os "galos" de Saxamonde e Mos demostramos que non somos 4 "folloneros" como dí un individuo que anda polo concello. Cada vez con máis forza, este é o camiño !
Clica na foto e verás imaxes da chocolatada reivindicativa.
POLIGONON!!!

23 nov 2008

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS


CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

Mércores día 26 de Novembro concentración diante do Concello as 20:00 horas, con motivo do pleno. Haberá chocolate . Levar cadanseu cirio, imos en rogativa aos beatos dos políticos para que non poñan o polígono no Chan das Pipas.

Sábado 29 de Novembro , as 20:30 manifestación en Chapela contra o desdoblamento da autopista.

Domingo día 30 de Novembro, as 12:00 manifestación en Vigo na Praza de España contra o Plan Vigo Integra.

Venres 12 de Decembro as 19:00 manifestación contra os recheos na Ría sale de diante de Seragua, en Redondela.

Comunicamosvos que temos tido unha serie de Xuntanzas con diversos colectivos de Redondela, estando nestes intres estudiando a posibilidade de emprender accións en conxunto para amosar a nosa disconformidade co xeito de actuar da clase política deste Concello: deixando desamparados os cidadans, tomando decisións de costas a eles, sen ter en conta as opinións da xente, e nunha total inoperancia que fai que Redondela estease a esnaquizar dun xeito alarmante.
Un povo que noutrora era un lugar agradable para vivir, sen servicios, pero agradable , estase a converter nun espazo atravesado por toda clase de infrestructuras que destrúen o medio natural onde vivimos; e todo isto cunha clase política que se adica o seu, a cobrar dedicacións exclusivas, a subir os impostos un 4,9% ,a pesares da crise, e sen facer nada máis.

Por todo isto , porque XA ESTAMOS FARTOS, e POLA DEFENSA DO TERRITORIO E DA NOSA CALIDADE DE VIDA:

FÓRA INCOMPETENTES DO CONCELLO !!!

19 nov 2008

HOXE 19 DE NOVEMBRO FARASE ENTREGA DE 3465 CARTAS DIRIXIDAS A XUNTA DE GALICIA


Hoxe, o colectivo de afectados polo polígono Mos-Redondela,(que podería ser colectivo antipolígono, despois de todas as mostras de solidariedade recibidas) fará entrega no rexistro de entrada da Xunta de Galicia da Praza da Estrela, en Vigo, de 3465 cartas dirixidas a distintas personalidades do Goberno Galego. Así as misivas dirixiranse o Presidente, Sr. Touriño, o Vicepresidente Sr. Quintana, o Conselleiro de Medio Rural, Sr. Suarez Canal, ,de Medio Ambiente, Sr. Vazquez e de Vivenda, Sra. Táboas. Dende o colectivo cremos que o feito de ter xuntado esta cantidade de apoios nun prazo dunha semana, amosa o verdadeiro posicionamento da xente, non só directamente afectada contra a construción do Polígono , senón da concienciación de aqueles que coñecen o Chan das Pipas, e que miran a creación nese lugar dun Polígono Industrial coma un atentado o medio natural , unha barbaridade ecolóxica. O Chan das Pipas é de todos: dos veciños de Saxamonde, dos que acoden a comer, a pasear, a recoller cogomelos, a andar en bicicleta, dos que coñecen o lugar e dos que non , de todos aqueles que aman a natureza. Queremos darllelas grazas a tod@s polos apoios recibidos e que non fan outra cousa que darnos folgos para seguir con mais forza a pedir, mellor dito a esixir:
NON AO POLÍGONO

3465 GRAZAS A TOD@S.

10 nov 2008

CARTA ABERTA O PRESIDENTE , VICEPRESIDENTE DA XUNTA E CONSELLERÍAS IMPLICADAS NA MASACRE MEDIOAMBIENTAL DO CHAN DAS PIPAS

Saxamonde 9 de novembro de 2008

Estimado Presidente,

Son un veciño de Saxamonde; con certeza que non sabe moi ben onde queda, pero aquí pretende construír un Polígono Industrial que lle chama de Mos-Redondela. Aínda é un proxecto polo que quixera, nesta breve carta, realizar unha pequena reflexión e estender un convite.
Nos seus discursos vostede sempre fala de grandes números. Menciona os km de estradas, autovías ou AVE; os m² de chan industrial. Son números que coloca como garante do benestar dos galegos/as. Desde Santiago son dados a falar de macrocifras e esquecer que en cada número, detrás de cada m² , baixo cada km hai persoas.
O benestar das persoas non se mide en cifras ou m². Benestar é ter como veciños outros veciños que viven en casas e non naves industriais que, todos sabemos, non son habitables. É que as noites sexan noites e non permanentes focos de luz, e cando cante o cuco non se escoite só ruído de industrias. Benestar é saber que no día de mañá os nosos fillos recibirán un mundo algo mellor que o que nós recollemos. O benestar é un sentimento de tranquilidade. E non podemos estar tranquilos sabendo que as decisións que se toman non contan co máis importante que ten este país, os seus habitantes.
Convídolle sinceramente que veña a Saxamonde, na extrema entre Mos e Redondela. Pase un domingo pola tarde coa súa familia pola área recreativa do Chan das Pipas, pasee polo Camiño de Santiago, a Vía Romana ou o recén restaurado Camiño da Auga. Se quere, pode participar do próximo magosto-serán que organizan os veciños. Veña e camiñe, como agora se pode, pola estrada que vai de Os Valos a Guizán e falase cos veciños, vexa como vivimos. Pódese asomar ata o Coto do Gran e apreciar en toda a súa extensión o Val do Maceiras. Todo antes de que se aprobe o proxecto do Polígono Industrial, claro!
Os proxectos non se poden redactar desde os despachos. Hai que pisar a terra que se pretende ocupar. Hai que falar cos veciños que se pretenden ordenar. Para facer país, para progresar, hai que saber e coñecer os nomes dos lugares e das persoas que alí viven. O progreso e a construción do país non se pode facer de costas á cidadanía.
Se finalmente vostede se acerca a este lugar, verá que é un territorio poboado, con proxectos de vida realizándose e outros por realizar. Verá que o noso monte non está desordenado, é o Polígono quen desordena e desestrutura o territorio. Encaixonado entre tres parroquias, lindando con múltiples vivendas con persoas que as habitan, con accesos perigosos, coas afectacións nas augas de traída, o Polígono nin trae progreso, nin fai país. Este polígono condena esta zona e destrúe non só o entorno e a paisaxe, senón o que é máis importante, as vidas dos veciños.
Pásese por esta terra para comprobar que o benestar non se debuxa nos planos nin se mide en m² , senón que se camiña no terreo e se valora cada día.

Reciba cordiais saúdos,

3 nov 2008

O POLÍGONO AMEAZA O CAMIÑO DE SANTIAGO