CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNSMércores día 26 de Novembro concentración
diante do Concello as 20:00 horas, con motivo do pleno. Haberá chocolate . Levar cadanseu cirio, imos en rogativa aos beatos dos políticos para que non poñan o polígono no Chan das Pipas.
Sábado 29 de Novembro , as 20:30 manifestación en Chapela contra o desdoblamento da autopista.
Domingo día 30 de Novembro, as 12:00 manifestación en Vigo na Praza de España contra o Plan Vigo Integra.
Venres 12 de Decembro as 19:00 manifestación contra os recheos na Ría sale de diante de Seragua, en Redondela.
Comunicamosvos que temos tido unha serie de Xuntanzas con diversos colectivos de Redondela, estando nestes intres estudiando a posibilidade de emprender accións en conxunto para amosar a nosa disconformidade co xeito de actuar da clase política deste Concello: deixando desamparados os cidadans, tomando decisións de costas a eles, sen ter en conta as opinións da xente, e nunha total inoperancia que fai que Redondela estease a esnaquizar dun xeito alarmante.
Un povo que noutrora era un lugar agradable para vivir, sen servicios, pero agradable , estase a converter nun espazo atravesado por toda clase de infrestructuras que destrúen o medio natural onde vivimos; e todo isto cunha clase política que se adica o seu, a cobrar dedicacións exclusivas, a subir os impostos un 4,9% ,a pesares da crise, e sen facer nada máis.
Por todo isto , porque XA ESTAMOS FARTOS, e POLA DEFENSA DO TERRITORIO E DA NOSA CALIDADE DE VIDA:
FÓRA INCOMPETENTES DO CONCELLO !!!