10 nov 2008

CARTA ABERTA O PRESIDENTE , VICEPRESIDENTE DA XUNTA E CONSELLERÍAS IMPLICADAS NA MASACRE MEDIOAMBIENTAL DO CHAN DAS PIPAS

Saxamonde 9 de novembro de 2008

Estimado Presidente,

Son un veciño de Saxamonde; con certeza que non sabe moi ben onde queda, pero aquí pretende construír un Polígono Industrial que lle chama de Mos-Redondela. Aínda é un proxecto polo que quixera, nesta breve carta, realizar unha pequena reflexión e estender un convite.
Nos seus discursos vostede sempre fala de grandes números. Menciona os km de estradas, autovías ou AVE; os m² de chan industrial. Son números que coloca como garante do benestar dos galegos/as. Desde Santiago son dados a falar de macrocifras e esquecer que en cada número, detrás de cada m² , baixo cada km hai persoas.
O benestar das persoas non se mide en cifras ou m². Benestar é ter como veciños outros veciños que viven en casas e non naves industriais que, todos sabemos, non son habitables. É que as noites sexan noites e non permanentes focos de luz, e cando cante o cuco non se escoite só ruído de industrias. Benestar é saber que no día de mañá os nosos fillos recibirán un mundo algo mellor que o que nós recollemos. O benestar é un sentimento de tranquilidade. E non podemos estar tranquilos sabendo que as decisións que se toman non contan co máis importante que ten este país, os seus habitantes.
Convídolle sinceramente que veña a Saxamonde, na extrema entre Mos e Redondela. Pase un domingo pola tarde coa súa familia pola área recreativa do Chan das Pipas, pasee polo Camiño de Santiago, a Vía Romana ou o recén restaurado Camiño da Auga. Se quere, pode participar do próximo magosto-serán que organizan os veciños. Veña e camiñe, como agora se pode, pola estrada que vai de Os Valos a Guizán e falase cos veciños, vexa como vivimos. Pódese asomar ata o Coto do Gran e apreciar en toda a súa extensión o Val do Maceiras. Todo antes de que se aprobe o proxecto do Polígono Industrial, claro!
Os proxectos non se poden redactar desde os despachos. Hai que pisar a terra que se pretende ocupar. Hai que falar cos veciños que se pretenden ordenar. Para facer país, para progresar, hai que saber e coñecer os nomes dos lugares e das persoas que alí viven. O progreso e a construción do país non se pode facer de costas á cidadanía.
Se finalmente vostede se acerca a este lugar, verá que é un territorio poboado, con proxectos de vida realizándose e outros por realizar. Verá que o noso monte non está desordenado, é o Polígono quen desordena e desestrutura o territorio. Encaixonado entre tres parroquias, lindando con múltiples vivendas con persoas que as habitan, con accesos perigosos, coas afectacións nas augas de traída, o Polígono nin trae progreso, nin fai país. Este polígono condena esta zona e destrúe non só o entorno e a paisaxe, senón o que é máis importante, as vidas dos veciños.
Pásese por esta terra para comprobar que o benestar non se debuxa nos planos nin se mide en m² , senón que se camiña no terreo e se valora cada día.

Reciba cordiais saúdos,

5 comentarios:

  1. me pregunto si puedo disponer de las direcciones pertinentes para enviarla individuamente...
    muchos ánimos a Os Valos y comarca!!

    ResponderEliminar
  2. Es muy interesante vuestra postura.Luchando por mantener ese espacio contribuis a mejorar la vida de todos.

    ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. estamos con vosotr@s desde Madrid!! que es un lugar hermoso para descansar y desconectar de esta ciudad infestada por todo lo que queréis combatir... Así que no imagino lo que puede ser que os lo quiten a los que allí vivís!
    Gonzalo de las Casas

    ResponderEliminar
  4. Como asidua visitante de Os Valos, oasis de paz y tranquilidad, el polígono es un atentado a las personas y a la naturaleza.

    Margarita Cámara

    ResponderEliminar
  5. Nin Folloneros, nin terroristas, nin nada que nos chamen poderá con nós.

    NIN QUE NOS DESTROCEN AS PANCARTAS..... OS VECIÑOS DE CHANDAS (nome vulgar, pero colecido no mundo enteiro) NON DESCANSAREMOS ATA QUE SE ANULE TAL PROXECTO.

    E mimadriña, que cazurro é o noso alcalde, que non sabe con quen se está a meter. Non sabe que somos persoas coma el.

    ResponderEliminar