15 ene 2009

Volvemos con forza: A Asemblea Contra o Polígono Industrial Mos-Redondela informa aos veciños



Despois das últimas mobilizacións do pasado mes de decembro, a Asemblea Contra os Polígono Industrial Mos-Redondela continúa a súa campaña de información sobre os prexuízos do proxecto. Transcorridos case tres meses dende a presentación das case 600 alegacións ante Xestur, e máis de cinco dende a publicación do proxecto de parque industrial, ningunha administración se ten dirixido aos veciños das parroquias afectadas para informar sobre as consecuencias de dito proxecto. O polígono de 760.000 m2 que se pretende construír na intersección das parroquias de Vilar de Infesta, Saxamonde (Redondela) e Louredo (Mos) tería graves consecuencias en termos de contaminación acústica, atmosférica, lumínica, destrución da paisaxe, eliminación de mananciais comunais, incrementa o tráfico en máis de 2000 coches e case 550 camións diarios, afeccións ao Camiño Portugués e á Vía Romana que percorren por ditas parroquias e outras consecuencias sobre a poboación, xa que extrema con zonas residencias, medio ambiente e patrimonio cultural.

A Asemblea Contra o Polígono Industrial Mos-Redondela considera un desprezo cara os veciños e unha falta de valentía o silencio dos Concello de Mos e Redondela e de Xestur polo que toma a iniciativa e informa directamente aos veciños máis afectados. Así, organiza dúas asembleas informativas nas parroquias de Vilar de Infesta e Louredo. A primeira terá lugar o próximo sábado 17 ás 20:00 horas no Centro Cultural da parroquia de Vilar de Infesta. A segunda asemblea desenvolverase o domingo 18 ás 12 _da mañá no Centro Cultural da parroquia de Louredo no Concello de Mos.

Nas convocatorias, o colectivo dará conta das principais afeccións que se derivarían da execución do proxecto de polígono industrial. Tamén informará sobre as accións levadas a cabo pola Asemblea así como de futuras iniciativas.

3 comentarios:

  1. Esperemos que as parroquias colindantes abran os oidos e os ollos e miren que están perdendo o medio no que viven.

    Animo Plataforma

    ResponderEliminar
  2. a loita continua e na próxima visita....

    ResponderEliminar
  3. Por si alguén quere coñecer o dar a coñecer cousas curiosas sobre a historia de Saxamonde:

    http://perropinto.dyndns.org/pub/saxamonde/saxamonde.html

    Espero que os de Saxamonde tomen conciencia do seu patrimonio e non se deixen avasallar nunca.

    ResponderEliminar