20 nov 2008

CARTA DOS VECIÑOS DE GUIZÁN APOIANDO AS REINVIDICACIÓNS DO COLECTIVO NON AO POLÍGONO

A continuación reflexo a carta remitida polos veciños de Guizán ao noso colectivo:
Ola a tod@s.
Desde Guizán tamén nos opoñemos radicalmente a construción do polígono Mos-Redondela.

Desde fai tempo, os veciños de Guizán vimos sufrindo as molestias da implantación das primeiras naves na zona de Arrufana. Somentes cas naves existentes actualmente, a nosa vida é sinxelamente IMPOSIBLE. Actualmente, xa pasan pola nosa estrada, que vai do Santiaguiño a Peinador, centos de camións o día (día e NOITE) e claro está, centos de coches que van e volven das naves.
As cousas mais cotidianas convertíronse agora en misión imposible.
*Como a nosa estrada non está preparada para soportar o tráfico actual, para ir a pé ata Peinador hai que ser máis valente que Arnold Schwarzenegger; e sair da casa co coche...como coincida a hora de saida do polígono, mellor esquecelo, podes votar horas a esperar.
*Os camións pasan tocando os balcóns das casas. E que non nos veñan con contos de que as casas se construiron a beira da estrada. Fai 10 anos, cando se construiron as primeiras naves, os veciños de Guizán demos terreos para AMPLIAR A ESTRADA. Por iso agora as casas están pegadas a estrada, antes non o estaban. E nos pensando que a nova estrada melloraría as nosas vidas o facela máis segura. Se o superamos daquela...
*Os camións votannos fora da estrada cando nos cruzamos con eles nos coches.
*Non podemos conciliar o sono co ruído do tráfico, iso no mellor dos casos, cando non, as 4 da mañá un camión pita porque se atopa con outro, e un polo outro non collen na estrada.
*Mesmo nos insultan os camioneiros cando estamos entrando para as nosas casas cos coches e lles molestamos. Entendemos que é perigoso, pero temos que entrar na nosa casa!!!

Guizán estaba moito antes co polígono de Arrufana.

Os veciños de Guizán non queremos nin que poñan beirarrúas, nin que ancheen a estrada para que collan ben os camións....solo queremos que os camións deixen de pasar por aquí, que saian cara a N-550 e que dende alí se dirixan os seus destinos. Se isto lles supón dar un rodeo, ninguén lle ten a culpa. GEFCO, MASTER CADENA, TRANSPORTES SOUTO.....xa sabían onde se instalaban antes de se instalar. Non poden empregar unha estrada veciñal para servirse porque a eles lles veña ben!!!

Todos estes trastornos, e mais que podedes imaxinar, cas actuais naves que hai en Arrufana...non queremos nin imaxinar o que pode ser cando se desenrole completamente o polígono de Mos-Redondela

Dende fai tempo os veciños de Guizán vimos protestando, falando cos políticos, prensa... Pero os políticos sempre fan o mesmo: din o que queremos oir, para despois seguir facendo o que eles querren.

Por todo isto, estamos aquí para o que necesitedes.


Saudos e moito ánimo. Ímolo conseguir

Polígono Non!
Sólo podemos agradecer o voso apoio e agradecer que fagades ver e ser consciente a xente dos danos e molestias que as veces non se pensan e que inflúen na calidade de vida diaria, e que fan que un sitio que noutrora era un paraíso, agora mesmo polo mal chamado progreso se convirta nun inferno. Grazas, aquí estaremos, nos tamén para o que precisedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario