Hoxe, o colectivo de afectados polo polígono Mos-Redondela,(que podería ser colectivo antipolígono, despois de todas as mostras de solidariedade recibidas) fará entrega no rexistro de entrada da Xunta de Galicia da Praza da Estrela, en Vigo, de 3465 cartas dirixidas a distintas personalidades do Goberno Galego. Así as misivas dirixiranse o Presidente, Sr. Touriño, o Vicepresidente Sr. Quintana, o Conselleiro de Medio Rural, Sr. Suarez Canal, ,de Medio Ambiente, Sr. Vazquez e de Vivenda, Sra. Táboas. Dende o colectivo cremos que o feito de ter xuntado esta cantidade de apoios nun prazo dunha semana, amosa o verdadeiro posicionamento da xente, non só directamente afectada contra a construción do Polígono , senón da concienciación de aqueles que coñecen o Chan das Pipas, e que miran a creación nese lugar dun Polígono Industrial coma un atentado o medio natural , unha barbaridade ecolóxica. O Chan das Pipas é de todos: dos veciños de Saxamonde, dos que acoden a comer, a pasear, a recoller cogomelos, a andar en bicicleta, dos que coñecen o lugar e dos que non , de todos aqueles que aman a natureza. Queremos darllelas grazas a tod@s polos apoios recibidos e que non fan outra cousa que darnos folgos para seguir con mais forza a pedir, mellor dito a esixir:
NON AO POLÍGONO
3465 GRAZAS A TOD@S.
Alégrame moitísimo que nun periodo de tempo tan pequeno, os veciños fixesen tan bo traballo.
ResponderEliminarUnha grandísima aperta e que entre todos salvemos Chan das Pipas.
Ánimo Saxamonde!
ResponderEliminarNO MÁS CACICADAS EN REDONDELA POR FAVOR!!!
ResponderEliminarBASTA YA!!!
QUE SE METAN EL POLÍGONO POR DONDE LES QUE!!
(INDENCENTE EL XAIME REI Y SUS SECUACES)