27 dic 2008

VALORACIÓN 19-D

Esta é a nota de prensa coa valoración da Manifestación do pasado 19-D feita por todos os colectivos organizantes:

BALANCE E HORIZONTES DESPOIS DA MANIFESTACIÓN.

Os colectivos convocantes consideran un éxito a manifestación do pasado venres e queren aproveitar o pulo recibido para seguir defendendo as causas representadas.

Reunidos os colectivos convocantes da manifestación do pasado venres 19, e feita unha sucinta análise dos resultados, coincidimos todos en valorar o evento como un éxito, por tres motivos.

Un, pola participación. Con unhas 2500 persoas, as rúas de Redondela ateigáronse de xente disposta a enfrentarse ó frío para facer sentir o seu descontento ante os problemas presentados na convocatoria.

Dous, porque se aproveitou a oportunidade de facer didáctica social, e así a xente de Chapela (afectados coa ampliación da AP-9) tivo ocasión de coñecer os problemas que as obras do AVE están a provocar en Negros, ou a xente do Viso (afectados pola Autovía) intercambiaron pareceres cos veciños e veciñas de Amoedo, afectados polos verquidos do seu polígono industrial ou o proxecto da canteira. Así, en xeral, foi unha boa ocasión para fomentar a unidade da sociedade, principal baza na defensa contra as mediocridades políticas.

E tres, porque a pesares da tensión padecida por moitas persoas, que teñen os problemas na porta das súas casas e atopan o desprezo como resposta do Concello, a manifestación non so transcurriu de xeito pacífico, senón incluso distendido e animado.

Os convocantes queremos darlle gracias a todos os participantes pola resposta tan exemplar que lle deron ó noso chamamento.

A movilización cidadá do pasado venres transmitiu o anhelo popular de que, por enriba de quen goberne, debe prevalecer a defensa do noso territorio, da sostenibilidade e da calidade do lugar en que vivimos, e agardamos que teña acelerado a chegada do día en que os nosos representantes deixen de gobernar de costas á cidadanía e se empecen a ter en conta as opinións de todos os veciños e veciñas.

Quédanos, agora, seguir loitando para facer callar entre a xente a mensaxe de que progreso son servicios, sociedade e calidade de vida, fronte a imposición de grandes obras empeñadas en esnaquizar o noso territorio. Nesta loita, os movementos civís cobramos un alento importante na resposta dada pola cidadanía o pasado venres, que demostrou a importancia gañada pola organización e o activismo social como alternativa ós despropósitos políticos. Unha sociedade libremente organizada é o mellor antídoto contra os problemas que nos choven hoxe en día.


Ademais, nunha xuntanza mantida hoxe no Chan das Pipas por membros do colectivo antipolígono , valorouse moi positivamente, por parte de todos os asistentes, a participación dos veciños de Saxamonde, en concreto, na mobilización. Foi o colectivo mais numeroso , acudindo unha ampla maioría da veciñanza da Parroquia, o que nos dá folgos para seguir na loita pola defensa do noso territorio.


8 comentarios:

  1. NON ME FAGADES RIR,SE A MANIFESTACION FOI TANTA XENTE COMO DICIDES,Q VOLVA O CAUDILLO.

    ResponderEliminar
  2. sabeis una de las razones de pq la gente protesta:
    pq donde tiene su casa es ilegal,o bien se apropio de monte,q no es del.la verdad es asi.
    conozco a mucha gente q el ave le quito su casa,pero como era legal,pabaga los impuestos y
    demas.las casas se las pagaron a la mar de bien.una casa cn 1500 metros de finca y una casa de 180 metros cuadrados le dio el estado 90 millones de pesetas.

    ResponderEliminar
  3. Quen queira entender a manifestación como unha cuestión de cartos é que ten a vista chosca. Seguide así que xa teredes tempo de chorar polo país que un día foi un país e agora non é máis que unha suma de despropósitos!

    Feliz 2009 sen polígono!

    ResponderEliminar
  4. Queridos anónimos:
    1.- A manifestación foi a xente que debería ir. Non imos entrar en guerras denúmeros, que cadaquen saque as súas conclusións; repito, para nós a participación foi numerosa, sobre todo no caso da xente de Saxamonde.Sabemos que temos a maioría da Parroquia ao noso lado. Outros botan de menos ao pobo ó seu carón. Feliz 2009.
    2.-Nada mais lonxe da realidade, no noso caso non defendemos as nosas leiras, senón unha propiedade común, de todos. E canto o AVE, descoñezo os números, pero hai cousas que non se pagan, pois non se lle pode aplicar un valor; pensa niso, ponte no seu lugar.
    Isto é o importante, as veces non teríamos que mirar só para nos, e pensar e ver o que lle sucede aos veciños, intentar coprendelos, non esquecer que o día de mañá poderías tí solicitar a solidaridade dos demais. SOLIDARIEDADE, que palabra tan bonita; dicía alguén que a Solidariedade e a tenrura dos pobos. Feliz 2009
    Grazas por ler o noso blogue

    ResponderEliminar
  5. A VER,SI Q NOS PREOCUPAMOS POLOS NOSOS VECIÑOS,PERO TODA OBRA,TRAE PROBLEMAS.O Q HAI Q VER E Q SE PAGHEN BEN E SE CAUSE O DANO MENOR.

    ResponderEliminar
  6. As veces o diñeiro non o é todo. ¿Canto vale o quilo de tranquilidade?, ¿Cánto vale o dar un paseo na natureza?, ¿cánto vale vivir nunha paraxe natural?; ¿Cánto vale ter auga que brota directamente da terra?. Unha pregunta tan so: ¿Gostariache un poligono industrial o carón da túa casa? ¿Gostaríache pasar de vivir nun ambiente rural a vivir con unhas naves de non se sabe o que o lado da túa vivenda?
    Polígonos si, pero ben planificados. Gracias por ler o noso blogue, e feliz ano 2009

    ResponderEliminar
  7. Vexo que hai unha boa conersa aqui, penso que o mellor a alguén lle apetece pasar pola Casa de Cultura de Chan das Pipas o venres a tardiña, e poder estar nunha das xuntanzas da plataforma, e ver o bo espíritu e a boa obra social na parroquia que se está a formar.

    Penso que quen fala debe facelo dende a experiencia, sen tirar o balón a leira do lado.

    NON O POLÍGONO E SI O MONTE DE TODOS!!!

    ResponderEliminar
  8. Segurmente qteña razón ese anónimo que di que algúns/has protestan porque nont eñen a casa legal ,nin paga impostos, pewro digo eu ¿e que?. E que nesta sociadade hai persoas de todolos poderes económicos e de tódolos escrúpulos. Hai persoas ,que non poden facer a súa vivenda senón tran peando un pouco, pois collendo un anaquiño de monte comunal, escaqueando algún imposto, etc. Non poden facelo doutro xeito e fano como poden arriscandose a que ven os propietarios do monte ou as administracións lles den o toque e os deixen en pelotas. O que si é reprochable é que ahi persoas pudientes, que tendo recursos, rouban terreo comunal e evaden impostos. Un caso que pulula pola vila dos viaductos e o caso do famoso cahlet do alcalde, doq ue teño ouido que non paga o IBI. Eses son os casos reprochables.

    O noso/s amigo anónimo o que non ten en conta que o que está defendendo A Plataforma do Polígono e a propiedade común, o Monte comunal, e que se depaso, os veciños de Saxamonde solidariamente desenrrolan unha loita contra a desaparición das propiedades particulares, son moi libres, o que pàsa quee ste anónimo, pensa en dividir, pero sepa o anónimo que non o vai a conseguir

    ResponderEliminar